Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizarase un exame final que incluirá preguntas, teóricas e de resolución de exercicios, de resposta breve (selección múltiple, ensaio, cálculos...) así como outras de maior extensión (de ensaio, resolución de casos completos...).
Valorarase a completitud, exactitude, redacción e claridade das respostas dentro do contexto do abordado na materia. Resultados de aprendizaxe: As probas inclúen materia sobre todos os resultados esperables da materia, que de forma sintética son: familias de explosivos e sistemas de iniciación. Mecanismos de fragmentación. Deseño de voaduras e control de resultados. Regulamentación. |
40 |
A5
|
|
C9
|
D5 D8
|
Exame de preguntas obxectivas |
Para o alumnado que opte pola avaliación continua haberá dúas probas parciais (que incluirán preguntas tanto teóricas como de resolución de exercicios, de resposta xeralmente curta, e ponderaranse cun 15% cada unha) e unha proba de resolución de problemas (que se ponderará cun 20% da nota total).
Valorarase a completitud, exactitude, redacción e claridade das respostas ás preguntas dentro do contexto do abordado na materia. Resultados de aprendizaxe: As probas inclúen materia sobre todos os resultados esperables da materia, que de forma sintética son: Familias de explosivos e sistemas de iniciación. Mecanismos de fragmentación. Deseño de voaduras e control de resultados. Regulamentación. |
50 |
A5
|
|
C9
|
D5 D8
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
O alumnado que opte pola avaliación continua entregará un informe recompilatorio dos exercicios resoltos en clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado. O devandito informe detallará o proceso de resolución de cada exercicio. Tamén entregará o libro excel no que se plasmarán os cálculos realizados para cada exercicio. Ambos os documentos deben ser orixinais, isto é, realizados integramente pola/o alumna/o que realiza a entrega.
Resultados de aprendizaxe: Deseño de voaduras ao descuberto e en túnel: as técnicas de cálculo, os esquemas de perforación, as secuencias de aceso e o cálculo dos custos. Estimación, valoración e control dos resultados da voadura, e das afeccións que puidesen ocasionar a mesma: fragmentación, proxección e vibracións. |
10 |
A5
|
|
C9
|
D5
|
O alumnado que opte pola avaliación continua e que
aprobe os tres parciais poderá convalidar a nota do exame final pola
nota media ponderada obtida nos parcialis. No caso de optar pola avaliación global (exame final) a parte teórico-práctica ponderará un 60% e a resolución de problemas un 40%. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo
dun 40% da nota máxima tanto na parte teórico-práctica como na de
resolución de problemas. No caso de no ser así a cualificación máxima será 4.5
sobre 10. O sistema de avaliación continua na
segunda oportunidade é igual ao empregado na avaliación global (exame final). É responsabilidade do alumnado informarse dos contidos que se imparten e que
serán obxecto de avaliación. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |