Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións idóneas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. A resolución dalgúns problemas apoiarase no emprego do TIC. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Trabállanse de forma transversal aspectos medioambientais como criterio a ter en conta na valoración da idoneidade dos métodos mineiros e procesos mineralúrxicos económicamente máis interesantes.
|
Saídas de estudo |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas co carácter multidisciplinar da materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Esta actividade será apoiada mediante a participación e debate nun foro habilitado na plataforma Moovi. |
Estudo de casos |
Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Mediante a exposición oral do caso trabállase a comunicación de información, ideas e solucións a público especializado e non especializado. Reflexión e análise sobre temas éticos e sociais relacionados coa materia en estudo.
Esta actividade será apoiada mediante a participación e debate nun foro habilitado na plataforma Moovi. |
Estudo previo |
Busca, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios que se realizarán de forma autónoma por parte do alumnado. |