Resolución de problemas de forma autónoma |
Nos "Seminarios" das clases presenciais tamén se proporá ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc. Estas actividades só serán avaliadas para os/as alumnos/as que se sometan a avaliación continua. Nestes Semianrios valorarase a participación activa dos estudantes, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valor |
30 |
A5
|
B3 B5
|
|
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Durante as clases maxistrais, ao fío das explicacións, exporanse aos estudantes preguntas ou supostos de feito para que o alumno desenvolver razoamentos ou deducións relacionados coa materia que se explica. Neste sentido avaliarase a asistencia activa do estudante nas clases maxistrais, é dicir, a asistencia máis a participación de activa calidade no seguimento das leccións da forma activa indicada. A mera asistencia non se valora. Se non se plantexasen preguntas nas sesións maxistrais, esta porcentaxe de avaliación acrecería ao das actividades específicas desenvolvidas nos seminarios. |
30 |
A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B5
|
C4
|
D1 D3 D5
|
Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o/a estudante cubra todos os seus datos e suba unha fotografía do rostro reconocible tamaño carné ná plataforma MOOVI antes de que conclúa o mes de setembro. Transcurrido dito prazo non se admitirán cambios sobre a desisión de seguir ou non a valiación continua. A cualificación obtida na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do curso académico. Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse no exame final de preguntas obxectivas será de 4, sumándose á puntuación obtida no devandito exame á que correspondese na avaliación continua. Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 2 sobre 4 no exame final.
En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta, e/ou exame oral. Todo este tipo de probas serán de resposta curta e poderá consistir, no seu caso, no desenvolvemento da explicación dunha materia de forma pormenorizada. O que non se pedirá ao alumnado é o desenvolvemento total e méramente teórico dos contidos dun tema completo do programa.
Por acordo da Xunta de Facultade, os/as estudantes que non sigan a avaliaicón continua ou aqueles que faltasen a máis dun 15 por cento das sesión presenciais terán dereito a realizar: a) o exame final común, no que será requisito imprescindible obter un mínimo de 2 sobre 4; e b) un exame final teórico-práctico para completar o 100% da nota, distinto do anterior, no que se avaliará a adquisición de todas as competencias globais da materia.
Convocatoria extraordinaria fin de carreira:
a) Tipo de exame: os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: o 100% da calificación virá determinada polo resultado do exame teórico-práctico.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web: http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es
Non está permitido levar ao examen ningún dispositivo electrónico. |