Exame de preguntas obxectivas |
Proba de Exame que avaliará os coñecementos adquiridos mediante preguntas obxectivas tipo test sobre conceptos teóricos impartidos na materia. |
25 |
A2 A3
|
B2
|
C21
|
D3 D4
|
Presentación |
Presentación pública do traballo práctico de investigación. |
10 |
A3 A5
|
B1 B2
|
C21
|
D1
|
AVALIACIÓN:
O alumnado en modalidade presencial terá que asistir polo menos ao 75% das Clases para ser avaliado nesta modalidade.
No caso de que o alumnado teña que incorporarse á modalidade virtual, deberá acceder aos medios telemáticos postos á súa disposición (videoconferencia, MOOVI), para realizar as tarefas propostas, coa mesma frecuencia porcentual (75%) que se esixe ao alumnado presencial.
Realizaranse varias modalidades de avaliación: unha proba de exame con preguntas obxectivas tipo test sobre conceptos teóricos que supoñen ata o 25% da nota da materia; unha proba de exame con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos que supón ata o 25% da nota da materia; un traballo práctico consistente nunha investigación sociolaboral a realizar no Seminario que supón ata o 40% da nota da materia; e a presentación pública por parte do alumnado do traballo práctico supón ata o 10% da nota da materia. Será necesario obter polo menos 4 de 10 puntos en cada parte teórica / práctica da materia: é dicir, un 4 na parte teórica (exame de preguntas tipo test e exame de preguntas de desenvolvemento) e un 4 na parte práctica de Seminario (investigación sociolaboral e presentación pública), para poder sumar as notas das dúas partes e así establecer a nota final da materia.
Se se aprobase só unha parte e entre as dúas partes (teórica e práctica) non se sumase o aprobado, gardarase a nota da parte aprobada para a segunda convocatoria, onde o alumnado terá que facer un exame sobre a parte non aprobada (preguntas do contido teórico ou práctico da materia, dependendo da parte da materia a recuperar). O alumnado que non seguise a modalidade presencial realizará un exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, que terá tres partes: unha sobre o contido teórico con preguntas obxectivas tipo test (30%), outra sobre o contido teórico con preguntas de desenvolvemento (30%) e outra sobre o contido práctico da materia mediante preguntas de desenvolvemento sobre metodoloxía e deseño dunha investigación (40%). O exame supoñerá o 100% da nota.
As datas e horarios das probas de avaliación final serán as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas pola "Xunta de Facultade" para o curso 2023-24.
|