Para o alumnado que participou na Avaliación Continua durante o curso: - Tanto na primeira como na segunda convocatoria o alumnado realizará unha proba final (escrita/presencial ou oral/virtual) de entre 2 e 4 preguntas de desenvolvemento. Esta proba suporá o 40 % da calificación final, e versará sobre os contidos expostos durante as sesións teóricas. Para facer media coa nota obtida na Avaliación Continua, o alumnado debe acadar na proba unha nota mínima de 4 (sobre os 10 puntos posibles). Para o alumnado que non participou na Avaliación Continua durante o curso: - É moi oportuno que o alumnado que non poida participar na Avaluación Continua poida poñerse canto antes en contacto co profesor da materia (no seu despacho - presencial ou virtual - por e-mail, ou mediante a plataforma virtual) para recibir as indicacións mais importantes que permitan organizar o traballo da materia. O alumnado deberá superar cunha nota mínima de 5 unha proba de 4 ou 5 preguntas de desenvolvemento, coa que poderá acadar o 100 % da calificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases teóricas como das probas prácticas realizadas durante o curso. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións inter-persoais. Para o alumnado que non superou a Proba Final, pero si a Avaliación Continua: - Poderá manter a nota obtida na Avaliación Continua para o curso seguinte, pero deberá superar a Proba Final (escrita/presencial ou oral/virtual) cunha nota mínima de 5 puntos (sobre 10). Para o alumnado da convocatoria Fin de Carreira: - O alumnado deberá superar cunha nota mínima de 5 unha proba de preguntas de desenvolvemento, coa que poderá acadar o 100 % da calificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases teóricas como dos contidos prácticos. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónomo, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións inter-persoais. DATAS SINALADAS PARA As PROBAS FINAIS (escritas/presenciais ou orais/virtuais): As
datas e horarios das probas de Avaliación Final das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de Avaliación aprobado pola Xunta de Facultade
para o curso 2023-2024. Tamén serán comunicadas coa debida antelación a través da plataforma virtual da Uvigo. |