Estudo de casos |
Realizaránse sesións prácticas que terán lugar en aulas-seminario.
Para cada sesión proporánse casos a estudar en grupos reducidos (de 3 ou 4 estudantes) conformados ó inicio do curso.
Cada grupo deberá comentar, resolver e defender os casos plantexados.
O alumnado disporá previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Virtual e deberá elaborar no seu grupo reducido unha primeira proposta escrita de solución xustificada que deberá ser entregada a través da Plataforma Virtual antes do desenvolvemento da sesión presencial. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Virtual, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral e na práctica correspondentes.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumnado, que deberá responder nos prazos sinalados. |