Na convocatoria de primeira oportunidade, o alumno/a é
cualificado por avaliación continua ou, tras a súa renuncia, mediante un exame de avaliación global. O proceso de avaliación continua comprende: - Tres probas escritas a realizar dentro do
horario de clase, finalizado o primeiro capítulo, o terceiro capítulo e o
conxunto da materia, que se cualifican sobre unha base de 10 puntos, e a
aportación destes á nota da materia é o
20%, 30%, e 40% respectivamente. As preguntas teóricas de desenvolvemento e
resolución de problemas e/ou exercicios en cada unha das probas, así como no
total do curso por avaliación continua terán unha aportación á nota final
dacordo coas ponderacións descritas na táboa anterior. - A recopilación de evidencias sobre as
manifestacións positivas da participación activa do alumno e da
observación sistemática por parte do profesor suporá un 10% da
calificación. Estas evidencias serán recompiladas nas clases teóricas e/ou prácticas, ou ben a través da presentación dalgunha actividade a realizar
fora da aula. Si non se alcanza a calificación mínima de 3 puntos nalgunhas das tres probas escritas previamente
mencionadas, a nota da avaliación continua é "suspenso", e o seu valor resulta da aplicación das ponderaciones previas cun máximo de 4
puntos. O alumno/a renuncia ao proceso de avaliación continua
cando deixa de asistir, sen causa xustificada, a máis do 30% das clases de teoría ou de práctica, e/ou non se presenta ao control que ten a calificación do 40% da
nota da materia. O alumno/a que renuncie á avaliaciónn continua, será avaliado/a nun exame global que se realiza na data oficial establecida e
publicada polo centro, que inclúe preguntas teóricas de desenvolvemento (3,2
puntos) e resolución de problemas e/ou exercicios (6,8 puntos). Así mesmo, aqueles alumnos/as que teñan a calificación de "suspenso" por avaliación continua, teñen a oportunidade de recuperar aquela/aquelas probas
non superadas da avaliación continua na data oficial establecida para a realización do exame global. Todos os alumnos/as que concorran á segunda oportunidade
son avaliados/as cun exame global, na data oficial publicada polo
centro, que inclúe preguntas teóricas de desenvolvemento (3,2 puntos) e resolución
de problemas e/ou exercicios (6,8 puntos). |