Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN GLOBAL, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado. En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas escritas, informes das prácticas de laboratorio, informes dos traballos dirixidos ou exame final), a cualificaicón fnal lserá de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. OPORTUNIDADE ORDINARIA A) AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Enténdese que se opta pola avaliación continua unha vez asinado o documento de compromiso que se ofrecerá ao principio do cuadrimestre, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, e se non se comunica o contrario no prazo dun mes, entenderase que se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final. Tipos e valoración de actividades: 1. Informes/memorias de prácticas (Peso: 10%) 2. Proxectos (Peso 40%): realizaránse evaluacións aproximadamente á metade e ao fin do cuadrimestre. A parte individualizada da avaliación realizarase a través de avaliacións cruzadas, preguntas orais durante as presentacións e/ou preguntas no exame escrito. 3. Probas escritas de avaliación: faranse dúas probas, cada unha cun peso do 25% da nota final, unha a mediados e outra a finais de cuadrimestre. Esixirase unha cualificación de 4 puntos para que unha actividade considérese aprobada. Na data do exame final da materia poderanse recuperar as actividades non aprobadas. A nota final obtida correspóndese á suma ponderada da puntuación obtida en todas as actividades realizadas. Para aprobar deben obterse, polo menos, 4 puntos en cada actividade de cada tipo e 5 puntos na devandita nota final. Se nalgunha das actividades a nota non chega ao 4 pero a media supera o 5, a nota final será de 4.9. B) AVALIACIÓN GLOBAL Quen non opte pola availación continua será avaliada/o a través dun exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame constará de dúas partes, de igual peso na nota final: unha parte escrita que incluirá como contidos posibles toda a materia, e unha parte oral relativa aos traballos adicionais que previamente tería que presentar. Pódese participar se se desexa nas actividades de Avaliación Continua de grupo B, pero non serán valoradas. Os traballos adicionais deberán entregarse unha semana antes do exame final. Para aprobar deben obterse, polo menos, 4 puntos en cada parte e 5 puntos na nota final. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA Este
exame constará dunha proba escrita.
Quen fose avaliado por Avaliación Continua na primeira oportunidade poderá optar por:
1. Realizar de novo a proba escrita, conservando as cualificacións obtidas nas actividades realizadas de avaliación contínua, cos pesos comentados anteriormente. 2. Ser avaliada/o cun único exame final. Este exame descríbese a continuación. Quen fose avaliado por Avaliación Única na primeria oportunidad, será avaliada/o cun único exame. Este exame constará de dous partes, de igual peso na nota final: unha parte escrita que incluirá como contidos posibles toda a materia, e unha parte oral relativa aos traballos adicionais que previamente tería que presentar. Os traballos adicionais deberán entregarse unha semana antes do exame final. Para aprobar deben obterse, polo menos, 4 puntos en cada parte e 5 puntos na nota final.
CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA: O exame constará dunha proba escrita. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar, debe obterse, polo menos, cinco puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.
|