A avaliación da materia divídese nos seguintes apartados: - Exame de preguntas obxectivas: 40% do total da materia.
- Prácticas con apoio das TIC (entregas de informes de prácticas e outras tarefas propostas polo profesorado): 30% do total da materia.
- Resolución de problemas (resolución de problemas/preguntas desenvolvemento/ traballos sobre supostos propostos polo profesorado): 30% do total da materia.
Para superar a materia o alumnado deberá obter en cada un dos apartados de avaliaición polo menos unha puntuación do 40%. Por defecto, a avaliación será na modalidade de Avaliaición Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo aquel que o desexe e o solicíte no tempo e forma especificados pola Escola. Para o alumnado que curse a materia na modalidade de Avaliación Continua e non aprobe a materia na convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo) os/as docentes da materia indicaranlle as entregas ou traballos que terá que realizar para poder ser avaliado/a nesa convocatoria. O alumnado que renuncie á modalidade de Avaliación Continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificárllelo aos/ás docentes da materia coa antelación suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a avaliación. Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o/o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).
|