Avaliación: a cualificación final (CF) do alumno determinarase tendo en conta a nota obtida utilizando ferramentas dixitáis (FD) e a otenida das distintas probas escritas (PE). A nota utilizando ferramentas dixitáis (FD) puntuarase sobre 2 e a suma das notas das probas escritas (PE) sobre 10. A cualificación final obtense segundo a seguinte expresión: CF= FD+(10- FD) PE/10 Exemplos: - FD=2 e PE=3. A cualificación final é CF=2+8 3/10=4.4 (Suspenso) - FD=2 e PE=3.75. A cualificación final é CF=2+8 3.75/10=5.0 (Aprobado) - FD=1 e PE=7. A cualificación final é CF=1+9 7/10=7.3 (Notable) - FD=0 e PE=9. A cualificación final é CF=9 (Sobresaliente) Os puntos alcanzados utilizando ferramentas dixitáis (FD) terán validez nas dúas convocatorias oficiais (1ª e 2ª oportunidade) de exame do curso. Ningunha das cualificacións obtidas en probas escritas (PE) realizadas durante o curso ou no exame final da primeira oportunidade gardarase para a segunda oportunidade. Isto significa que a calificación obtida no examen final de 2ª oportunidade supón por si mesma ata o 100% da calificación final da materia. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias da materia. IMPORTANTE: esta é unha tradución da guía docente en castelán. En caso de conflito prevalecerá a versión en castelán. |