Para solicitar atención personalizada mediante titoría, o/a estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico ó/á docente, co asunto "Titoría". O/a docente indicaralle a data e a hora asignadas á titoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico. Na plataforma web do máster facilitarase información sobre as titorías, os/exames/probas de avaliación e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. A) Primeira oportunidade: O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua ou alternativamente optar polo sistema de avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. O alumnado poderá elixir a avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecidos polo centro. A elección de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de avaliación continua que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveran lugar. A.1) Avaliación continua (100%): En caso de non renunciar á avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación: - Resolución de problemas de forma autónoma (10%): exercicios e actividades sobre o contido impartido nas clases expositivas, que deberán realizarse de forma autónoma e entregarse no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. - Resolución de problemas (25%): proba con exercicios prácticos sobre análise descritiva e modelado da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar nunha sesión de clase interactiva. Se o/a alumno/a non obtén unha valoración nesta prueba dun mínimo
de 5 puntos sobre 10, deberá realizar a recuperación desta proba na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): proba con cuestións sobre o contido impartido nas clases expositivas e que se realizará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Resolución de problemas e/ou exercicios (25%): proba con exercicios prácticos sobre predición espacial, análise espazo-temporal, procesos puntuais e agregados, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Considerarase que un/unha estudante se ten presentado á avaliación continua
cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta
modalidade indicadas anteriormente. A.2) Avaliación global (100%): O/a alumno/a deberá realizar as probas que se indican a continuación: - Exame de preguntas de desenvolvemento (50%): proba con cuestións sobre o contido impartido nas clases expositivas e que se realizará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Resolución de problemas (25%): proba con exercicios prácticos sobre análise descritiva e modelado da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar nunha sesión de clase interactiva. Se o/a alumno/a non obtén unha valoración nesta prueba dun mínimo de 5 puntos sobre 10, deberá realizar a recuperación desta proba na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Resolución de problemas e/ou exercicios (25%): proba con exercicios prácticos sobre predición espacial, análise espazo-temporal, procesos puntuais e agregados, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e terá lugar na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. B) Segunda oportunidade e fin de carreira: Seguiranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade. C) Observacións sobre a avaliación: - O/A estudante que non participe na avaliación continua nin na avaliación global, figurará nas actas como "non presentado". - Recoméndase
ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do
Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
) - As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario oficial de exames aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html |