O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Avaliación continua: Neste caso, o/a alumno/a realizará varios exames parciais liberatorios teóricos. Para superalo requírese unha puntuación mínima de 5 (sobre 10) e o peso destes exames na nota final será un 60% (ningún deles, individualmente considerado, terá un peso que supere o 40% da nota final). O outro 40% da nota corresponderá á parte práctica, repartíndose a partes iguais entre a entrega de casos (20%) e a realización dun proxecto (20%). Para poder presentarse a estas dúas probas é necesario asistir ao 80% dos seminarios e para superalas é necesario acadar unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada unha delas. Nos casos en que o/a alumno/a decidiu ir por avaliación continua e non superou a materia, pode presentarse aos exames oficiais para recuperar a(s) parte(s) que suspendera. Neste senso, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que tivera superada, e so se presentará no examen do primeiro período coa parte que ten suspensa. Igualmente, manteranse as partes aprobadas para o examen do segundo período. Para sucesivas convocatorias de cursos académicos posteriores non se gardarán as partes aprobadas. Avaliación global: En todo caso, nas convocatorias oficiais, haberá un exame teórico da materia que ponderará un 60% da nota. Neste caso, tamén será necesario entregar ese mesmo día ou con anterioridae un proxecto realizado de xeito individual que ponderará un 20%. O 20% restante corresponderá coa realización dun exame de carácter práctico e a entrega dos casos prácticos realizados polo alumnos de avaliación continua. É preciso obter una puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada parte para poder facer a media. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. Na convocatoria extraordinaria de Fin de carrera haberá un exame final que suporá o 100% da calificación. As diferencias no método de avaliación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á diferente organización de clases docentes empregadas por ambos os dous centros. En todo caso, as ponderacións exactas de cada proba daranse a coñecer ao principio de curso na plataforma de teledocencia. |