O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG se así o comunica por mail antes do 30 de novembro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 1. Avaliación continua (AC). Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo: - 20% cun control dos primeiros 5 temas.
- 40% cunha proba parcial dos temas 1 a 8.
- 40% cunha proba parcial dos temas 9 a 16.
Para aprobar a materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente na proba de avaliación global que se celebrará na data especificada no calendario oficial de probas aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24 e recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), ben na primeira oportunidade (xaneiro) ou na correspondente á segunda oportunidade (xullo). Se de novo tampouco se alcanza esa puntuación mínima (ou non se presenta), a nota final máxima da materia será de 4 puntos. Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible para aprobar obter en cada unha das dúas partes da proba de avaliación global (parte 1: temas 1 a 8; parte 2: temas 9 a 16) unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10) e que a cualificación final calculada segundo as porcentaxes sinaladas anteriormente sexa maior ou igual a 5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será de 4 puntos. O alumnado que non se presente a ningún dos parciais, nin á súa recuperación nas probas de avaliación global, será cualificado como Non Presentado (aínda que realizase o control dos 5 primeiros temas). 2. Avaliación Global: A proba de AG celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. A proba constará de dúas partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 8 e a segunda aos temas 9 a 16), cada unha das cales suporá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia, é necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas partes unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos. Convocatoria de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/ As datas e horas das probas de AC estarán dispoñibles na plataforma docente da materia, https://moovi.uvigo.gal Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "Non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa |