Avaliación continua: A nota do alumno constará de catro partes: A presentación de exercícios nas clases prácticas, exercícios propostos na clase (ambos deberán subi-los á plataforma), mais outros exercícios propostos ao longo do curso, até un 45% da nota; realización de un traballo (40%) e a sua exposición pública de dito traballo (15%), ambas probas (traballo e exposición) son obrigatorias para poder acadar o 55% da nota. A nota final do alumno será a suma das notas destas catro partes. O exame oral final e obrigatorio para os alumnos que queiran acceder a unha Matrícula de Honra. Se un alumno non supera o curso pola avaliación continua, deberá presentarse á proba de avaliación global (oral e exercicios) que representará o 100% da cualificación. Para a segunda oportunidad (convocatoria extraordinaria) a evaluación continua coincide ca do curso. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudante pode escoller ser avaliado cunha proba de avaliación global (exame oral e exercícios) que representará o 100% da cualificación. Na convocatoria para o final da carreira, o exame oral suporá o 100% da cualificación. As datas dos exames da materia estarán disponíveis na páxina web da Facultade (http://fccee.uvigo.es). |