1 O obxectivo xeral é complementar a formación dos estudantes na dirección do cometido profesional ao que se encamiña. Deste xeito, deberán finalizar o curso cunha visión realista e actualizada do profesorado de Lingua castelá e literatura en secundaria e adquirir as destrezas que se especifican no apartado correspondente para poder empregalas nun futuro.
2 Entre os obxectivos máis específicos está o de suscitar interese pola profesión e ter consciencia da necesidade da reciclaxe continua, que requirirá investigar e estar informado constantemente das novidades que poidan xurdir.
|
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B16 B17
|
C3 C8 C13 C14 C15 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C24 C25 C26 C27 C28 C29 C30 C31
|
D1 D2 D3
|
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe, potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
2. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
3. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas, tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade do estudantado.
4. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudantado e promover a súa capacidade para aprender en por si, e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
5. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do estudantado.
9. Integrar a formación en comunicación audiovisual-multimedia no proceso de ensino/aprendizaxe.
10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
12. Xestionar de forma excelente o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
13. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinares. |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B16 B17
|
C3 C8 C13 C14 C15 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C23 C24 C25 C26 C27 C28 C29 C30 C31
|
D1 D2 D3
|