Traballo |
Texto elaborado como proxecto de innovación docente e que ha de
redactarse seguindo unhas normas establecidas.
|
40 |
|
|
|
|
O alumnado que non obteña unha avaliación continua positiva, de acordo cos parámetros anteriormente expostos, e presente o Traballo de Innovación Docente (que neste caso ponderará o 30% da nota final), e o Traballo de Investigación Educativa (que neste caso ponderará outro 30% da nota final), poderá realizar un exame na data sinalada no calendario oficial de exames do Máster. Esta proba basearase no rigor e afondamento nos coñecementos e competencias que debe acadar o alumnado na materia, e terá unha ponderación dun 40% da nota final.
Para superar a materia, o alumnado de avaliación global, haberá de obter, como mínimo o 50% da nota proposta en cada unha das probas de avaliación sinaladas. Os e as estudantes que non superen algunha das probas de avaliación, poderán recuperala/s na convocatoria de xullo.
|