Alumnado da modalidade de Avaliación
Continua: Para o alumnado que opte pola modalidade de Avaliación
Continua, as actividades de aula e os traballos de innovación docente e de investigación educativa, serán obrigatorios. Ademáis, computarase a asistencia a
clase, que tamén será obrigatoria (requírese a asistencia regular a polo menos
o 80% das sesións). Os traballos entregaranse a través da plataforma (Moovi),
segundo o calendario que se estableza. Para aprobar a materia será necesario
obter polo menos o 50% da cualificación proposta en cada apartado obxecto de
avaliación: Traballo tutelado, Traballo de Innovación e Traballo de Investigación. Os e as estudantes que non superen algunha destas probas de avaliación, poderán recuperala/s na convocatoria de xullo. Alumnos da modalidade de Avaliación
Global: O alumnado que non obteña unha avaliación continua
positiva, de acordo cos parámetros anteriormente expostos, e presente o
Traballo de Innovación Docente (que neste caso ponderará o 30% da nota final), e
o Traballo de Investigación Educativa (que neste caso ponderará outro 30% da
nota final), poderá realizar un exame na data sinalada no calendario oficial de
exames do Máster. Esta proba basearase no rigor e afondamento nos coñecementos
e competencias que debe acadar o alumnado na materia, e terá unha ponderación dun
40% da nota final. Para superar a materia, o alumnado de avaliación global, haberá de obter, como
mínimo o 50% da nota proposta en cada unha das probas de avaliación sinaladas. Os e as estudantes que non superen algunha das probas de avaliación,
poderán recuperala/s na convocatoria de xullo. |