TBCM é unha asignatura con prácticas obrigatorias. A ausencia sen xustificación a unha ou máis sesións de laboratorio é incompatible coa superación desta asignatura. TBCM é unha materia que se cursa en catro módulos de laboratorio consecutivos (Bioloxía Celular, Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía), e a súa avaliación é continua e divídese en dúas partes. Parte A. O 50% da cualificación final constitúeo a suma das cualificacións obtidas en cada un dos módulos, que poden proceder de distintas actividades, como a entrega de resultados, cadernos, cuestionarios resoltos ou outras, en tempo e forma. Debe obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 en cada módulo. Circunstancias como a falta de puntualidade, ou unha actitude desmotivada ou negligente nos laboratorios poden restar valor ás puntuacións finais. Parte B. O 50% restante da cualificación final provén da realización de 2 probas escritas, nas que se plantexan preguntas relacionadas cos contidos dos catro módulos realizados. De novo, debe obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 na parte correspondente a cada módulo. A ausencia xustificada a dúas ou máis prácticas de laboratorio impide a avaliación continua. Nese caso, os alumnos terían que someterse a un exame para superar a materia, en forma de proba escrita que constaría de dúas partes: Parte teórica (50% da cualificación final). 4 exames con preguntas sobre os contidos de cada un dos catro módulos que compoñen a materia, debendo obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 en cada módulo para superala. Parte práctica (50% da cualificación final). Resolución dun suposto práctico de cada un dos catro módulos que compoñen a materia, debendo igualmente obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 en cada módulo. |