Lección maxistral |
Desenvolveranse os contidos dos oito últimos temas do programa da materia mediante explicacións do profesor con axuda da lousa e presentacións en Power Point. Estas clases serán impartidas por Bernardino González |
Resolución de problemas |
Realizaranse problemas numéricos relacionados cos contidos teóricos da materia. Cada alumno deberá asistir a dúas sesións de 1:30 h cada unha. Estas clases serán impartidas por Bernardino González. (Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios). |
Presentación |
Presentación voluntaria baseada na lectura dunha publicación científica referida aos contidos do sete primeiros temas. O seguimento desta actividade farao Beatriz Mouriño |