Code |
Description |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
|
B4 |
-- |
B5 |
-- |
B6 |
-- |
B7 |
-- |
B8 |
-- |
B9 |
-- |
B10 |
-- |
C4 |
Capacidade de manexar conceptos, métodos e instrumentos propios da investigación en inglés para fins específicos, particularmente do inglés académico. |
D1 |
Capacidade de afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como de coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios de devandita área de estudo |
D3 |
Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses. |
D5 |
Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral. |
D8 |
Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses. |
D9 |
Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias. |
D16 |
Capacidade crítica e de síntese do estudante mediante a lectura e revisión de artigos especializados. |
D17 |
Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses. |
D18 |
Capacidade para obter información sobre a investigación máis recente que se está levando a cabo dentro do ámbito dos Estudos Ingleses, tanto en lingüística como en literatura e cultura. |
D19 |
Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses. |
D20 |
Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo. |