Resolución de problemas |
Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o alumnado deberá entregar nas datas indicadas a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente e, obrigatoriamente, o resumo crítico
de tres artigos (antes do último día de clase) que se indicarán na bibliografía que se comentará o primeiro día de clase. Un deses artigos deberá ser exposto oralmente na aula, que se evaluará xunto ó "Exame oral". Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. |
30 |
A2 A4
|
B2 B4 B6 B7 B9
|
C10
|
D1 D2
|
Exame oral |
Constará de dúas partes. 1) Proba oral na que, a partir dun exame guía que facilitará o profesor, o alumnado terá que demostrar o dominio articulatorio e perceptivo dos sons do galego. 2) Exposición oral (8-10 minutos) do contido dun artigo da bibliografía da materia, na que se avalía a soltura de exposición en lingua galega, a corrección gramatical e léxica e, especialmente, o dominio dos trazos fónicos e prosódicos definidores do galego. Estas probas poderán ser presenciais ou entregadas nun formato dixital de video ou audio. Realizaranse na última semana de clase. Para aprobar a materia é necesario obter máis dun 5 (sobre 10) nesta parte. |
10 |
|
B8 B10
|
C10 C13
|
D1 D2
|
Existen dous
sistemas de avaliación da materia:
a) Avaliación continua, para o alumnado que asista
regularmente ás clases, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas
polo profesor en tempo e forma. É obrigatorio entregar os tres resumos de
bibliografía antes do último día de clase, se non, non se poderá realizar o "Exame
de preguntas de desenvolvemento". A puntuación final da materia obterase da
suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. En todo caso, o/a
alumno/a deberá ter aprobado os apartados de "Exame de preguntas
obxectivas" (que se realizará a mediados do cuadrimestre), "Exame de
preguntas de desenvolvemento" e "Exame oral" (que se realizarán ambos na última
semana da clase). De non superar a materia na convocatoria
de maio, o alumnado deberá repetir os "Exames" non superados na convocatoria
de xuño. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou
incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser
avaliado polo sistema de "Avaliación única". b) Avaliación
única. O alumnado que
non opte polo sistema de "Avaliación continua", para superar a
materia na convocatoria de maio deberá entregar obrigatoriamente un "Traballo titorado" (20% da nota final) o día do exame escrito final e examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame escrito final único" (70%), que se celebrará na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade; ese mesmo día farase tamén
un exame oral (10% da nota), que consistirá na
exposición oral dos contidos dun artigo da bibliografía da materia. De non
superar a materia en maio, o alumnado deberá repetir as partes suspensas na convocatoria de xuño, na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade.
O/A alumno/a deberá superar obrigatoriamente o exame oral para aprobar a
materia. O "Traballo
titorado" consistirá
na gravación, transcrición e comentario dun texto do galego oral. Haberá que poñerse
en contacto co profesor para máis detalles deste traballo. Os/as alumnos/as que
opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías
cando o solicitaren. |