Primeira edición de actas (xaneiro-maio) O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado
arriba. Para aprobar a materia será necesario entregar os traballos nos prazos
requiridos que se indicarán ao comezo do curso. Para facer media entre os
traballos e o exame, será tamén necesario ter un mínimo de 5 en cada parte. As
probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de
suspenso. En caso de suspender unha parte soamente, guardarase a nota para a
segunda edición de actas. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación
continua deberá falar coas profesoras da materia ao comezo do curso. Nese caso,
terá que examinarse do 100 % da materia polo sistema de avaliación
única, segundo as seguintes porcentaxes: exercicio de comprensión escrita a
partir da lectura proposta (25 %), exercicio de comprensión oral (25 %),
exercicio de expresión escrita (25 %) e exercicio de expresión oral (25 %). O
alumnado que se acolla a este sistema ten que ler obrigatoriamente o libro
proposto polas profesoras antes da data do exame. Tamén será necesario
obter polo menos 5 en cada unha das partes. Este exame final terá lugar dentro
do período oficial de exames na data do calendario aprobada pola xunta de
facultade. Segunda edición de actas (xuño-xullo) Na segunda edición de actas, o alumnado examinarase exclusivamente das
partes da materia que non superase na primeira edición. Será necesario obter
polo menos 5 en cada unha das partes. Este exame terá lugar durante o período
de exames de xuño-xullo na data do calendario aprobada pola xunta de facultade. NOTAS XERAIS A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación francófonos. |