Mediante o traballo final de grao o
alumnado deberá demostrar que adquiriu as competencias específicas deste
grao para a elaboración, presentación e defensa dun traballo
orixinal, ou ben a xestión dun proxecto de tradución. Neste traballo débense
conxugar os coñecementos teóricos adquiridos e a súa aplicación práctica ás distintas
actividades que se inclúen dentro da profesión de tradutor ou intérprete.