Avaliación continua O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados. Avaliación única O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá presentarse ó exame na data fixada polo calendario oficial para ser avaliado dos contidos da materia, tanto procedementais (que suporán o 20 % da nota da materia) cómo prácticos (o 80 %). O docente indicará que partes deste exame deberán realizarse de maneira presencial / non presencial e, de ser o caso, que prazos son os que se aplican. O alumnado de avaliación única que non se puxese en contacto co docente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que confirmase a súa participación nunha proba non presencial e que non entregase os resultados da proba dentro do prazo sinalado será cualificado con 0 (cero).
O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá presentarse ó exame na data fixada polo calendario oficial para ser avaliado dos contidos da materia, tanto procedementais (que suporán o 20 % da nota da materia) cómo prácticos (o 80 %). O docente indicará que partes deste exame deberán realizarse de maneira presencial / non presencial e, de ser o caso, que prazos son os que se aplican. O alumnado que non se puxese en contacto co docente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que confirmase a súa participación nunha proba non presencial e que non entregase os resultados da proba dentro do prazo sinalado será cualificado con 0 (cero). Presencialidade Enténdese que o alumnado que se acolla ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir cando menos ó 80 % das sesións. O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua, mais que por razóns xustificadas non poida asistir con regularidade ás clases presenciais, deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente, para buscar as alternativas correspondentes. Plaxio A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suponrá un cero nesa proba. Aducir descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Teledocencia O alumnado ten a responsabilidade de consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de docencia e de manterse informado das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. |