O obxectivo xeral é desenvolver e afianzar unha competencia tradutora entre o francés e o español que permita unha posterior profundización en diferentes ámbitos de especialidade. Este obxectivo xeral desenvólvese a través dunha serie de obxectivos metodolóxicos, profesionais, contrastivos e textuais cuxa finalidade é ofrecer ferramentas e estratexias para solucionar os problemas xerais da actividade tradutora do francés ao español. **Estudantes ERASMUS: ver apartado "Outros Comentarios" nivel español requerido para cursar a materia e otras cuestións importantes.