Restauración estrutural e potenciación expresiva do galego en canto lingua meta da tradución |
Degradación e rexeneración do léxico galego: habilitación en galego do léxico moderno, culto e de especialidade. Estruturas morfosintácticas críticas na tradución inglés-galego (colocación do pronome átono, infinitivo flexionado, futuro do conxuntivo, nexos de relativo, oracións condicionais, formación dos complementos directo e indirecto, etc.). |
Análise dos problemas e das estratexias da tradución instrumental de textos pragmáticos de inglés para galego |
Utilización dos dicionarios por parte da tradutora. Introdución á tradución de textos pertencentes a (sub)xéneros como artigo xornalístico, textos institucionais, textos literarios, artigo de divulgación científica, actas de congresos, etc. |
A profesión e o mercado laboral |
Familiarización con diversos aspectos relativos á profesión tradutora e ao mercado laboral. |