É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entrega
de traballos, probas, etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a
perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas
de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente
algunhas correccións ou estea poseditado. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
AVALIACIÓN CONTINUA
1- O
alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa
decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a
asistencia continuada a clase.
2- Aquelas persoas
que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás
clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as
medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.
3- O feito de non
entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas
implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas
cualificacións obtidas anteriormente. Terá entón que presentarse á
convocatoria única
4- O
alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso
deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na
data de exame publicada polo decanato.
a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución
(40 %) e Traballos de aula (20 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado
similar á proba final de decembro.
b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos
dous apartados: Encargos de tradución (40 %) e Traballos de aula (20 %)
terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:.
1.
Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá
usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non
de apuntamentos propios ou similares.
2. Encargo
de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá
entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7
días naturais: 40% da nota
No caso b)
a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media
entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o
encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.
CONVOCATORIA ÚNICA (MAIO E XUÑO)
O alumnado
que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos
anteriores presentarase na data oficial do exame (xaneiro ou xuño
segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que
consistirá en:
1.
Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente poderase
usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non
de apuntamentos propios ou similares.
2. Encargo
de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá
entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7
días naturais: 40 % da nota.
A nota
mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as
partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o
encargo de tradución e a nota final será a do exame.
ALUMNADO
ERASMUS
Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase
que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.
Para poder
cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.
Non se recomenda
seguir esta materia a aquel alumnado que:
1. Non teña
como primeira ou segunda lingua de traballo o español.
2- Non curse
estudos de linguas ou tradución.