PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (maio)
O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. Para avaliarse mediante este sistema é imprescindible asistir ás clases. Unha ausencia inxustificado do 20% invalida o dereito á avaliación continua.
Na avaliación continua é preciso superar cun 5 sobre 10 cada unha das probas. Realizaranse as seguintes probas:
Primeiro parcial: na semana anterior ás vacacións de Pascoa faránse probas de comprensión oral e escrita e expresión oral.
Presentación oral en grupo: acordarase o contido e unha data co profesorado para realizar unha presentación oral durante o mes de abril.
Segundo parcial: na data oficial de exames proposta pola Xunta de Facultade realizaranse probas de comprensión oral e expresión escrita. Así mesmo, acordarase un horario para a realización dun exame oral individual que tratará sobre a comprensión do libro de lectura.
Para aprobar a materia será necesario entregar os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán como un cero.
Plaxio: a actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.
Avaliación única o alumnado que non poida realizar a avaliación continua poderá examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas. O exame será de comprensión/expresión oral et de compresión/expresión escrita (50% cada parte). O exame terá lugar no período de exames na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade. O libro de lectura é obrigatorio.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xuño - xullo) Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresión oral e escrita polo 100% da cualificación (50% cada parte) . Conservaranse as calificacións das probas aprobadas no sistema de avaliación continua. O exame terá lugar no período de exames na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no período de exames na data acordada previamente co profesorado. O libro de lectura é obrigatorio.
Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.
|