1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Xaneiro-Febreiro 2024)
Avaliación continua É obrigatorio realizar e entregar no
prazo estabelecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos non
entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A data límite
de entrega de traballos e realización de presentacións indicarase a comezo de curso a través de Moovi
(sección de exercicios). Avaliación única Neste
caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data
fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e
publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira
edición das actas coa data na que se realizará o exame para os discentes
que opten pola avaliación continua. A escolla desta opción en
ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao
alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte
regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024) Na
segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame
terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. OUTRAS ACLARACIÓNS O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. |