Aprendizaxe dos contidos de tipo teórico necesarios para formarse como tradutor / intérprete e desenvolvemento das capacidades necesarias para aplicar eses contidos a supostos prácticos. O curso está estruturado en cinco grandes bloques. O primeiro deles aborda a realidade da tradución desde un punto de vista epistemolóxico, tentando delimitala e definila á vez que se analizan as súas relacións con outras realidades afíns. No segundo bloque proporciónanse algúns coñecementos xerais (externos) sobre as linguas e a tradución, abordando o tema da posibilidade da tradución. No terceiro bloque, que constitúe o núcleo do programa, móstrase a evolución recente da tradutoloxía mediante a referencia a certos autores e escolas seleccionados, á vez que se procederá a abordar, nese marco, aspectos centrais da análise. No cuarto bloque engádense certos estudos recentes realizados a partir de disciplinas como a psicolingüística, a sociolingüística, etc. Finalmente, o quinto e último bloque estará centrado na realización de comentarios tradutolóxicos e en aspectos relativos á profesión de tradutor.