Presentación |
Presentación oral na aula do traballo tutelado. |
25 |
A2 A3 A4 A5
|
|
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizaranse dúas probas durante o cuadrimestre: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica (CONTRA A METADE DE MARZO) e outra sobre aspectos gramaticais e o texto, ben sexa o último día de clase ben sexa na data do exame final oficial. Ámbalas dúas deberán ser superadas para obter a cualificación total deste apartado. O estudantado que suspenda a primeira proba deberá examinarse da parte correspondente na devandita data oficial de exames. |
40 |
A2 A3 A4 A5
|
|
C3 C4 C17 C18 C25 C33
|
D7 D8 D15 D23
|
Avaliación continua Para poder optar á avaliación continua, débense cumprir os seguintes requisitos: presentación ós exames, entrega do traballo obrigatorio e a súa presentación oral. Na segunda edición das actas conservarase a nota das probas superadas, se así o desexar o alumnado. Se non, pasará ó sistema de avaliación global. Avaliación global O estudantado que non se acolla á avalición continua, é dicir, que escolla a avaliación global, realizará na data oficial de exame unha proba escrita por valor do 100% da materia. O mesmo sistema seguirase co estudantado que se presente á segunda edición das actas. Importante: para superar cada unha das probas (os dous exames, o traballo escrito e a súa presentación oral) cómpre chegar a un 5. Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso. |