Código |
Descrición |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
|
B4 |
Capacidade de comunicación oral e escrita en inglés e en outras linguas do ámbito europeo. |
B6 |
Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural. |
C1 |
Capacidade para comunicarse nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz. |
C7 |
Habilidade para participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos. |
C10 |
Habilidade para mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e para ser competente de sensibilizar ás persoas da contorna na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, capacidade de explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |