A materia Fundamentos de Electrotecnia non ten asociado ningún prerrequisito. Con todo para cursar esta materia con éxito o alumno debe ter:
- Capacidade de comprensión escrita e oral
- Capacidade de abstracción, cálculo básico e síntese da información
- Destrezas para o traballo en grupo e para a comunicación grupal
- Polo menos nocións básicas adquiridas nas materias de Física II e Matemáticas.
As dificultades de aprendizaxe máis frecuentes están ligadas a carencias dos devanditos coñecementos, pero pódense salvar cun pouco de esforzo e os medios de que dispón este Centro.
|