O exame ordinario basearase na avaliación da aprendizaxe baseada en problemas das partes do Bloque I: Teoría de Circuítos (corrente continua, corrente alterna e corrente trifásica) e o Bloque II: Máquinas Eléctricas. A parte de prácticas tamén será avaliada cunha proba baseada na ferramenta de simulación de circuítos e máquinas que se empregará durante o curso. O exame ordinario conterá unha parte teórica e unha parte práctica. O alumno superará a materia cando a Nota do Exame Ordinario (NEO) sexa maior ou igual a 5.0 puntos sobre 10, sendo ademais necesario superar os mínimos establecidos na seguinte táboa:
Nota Mínima |
Teoría (T) 80% | Bloque I | 40% |
Bloque II | 40% |
Prácticas (P) 20% | Bloque I+II | 40% |
Unha vez superados os mínimos de cada unha das partes, a Nota do Exame Ordinario (NEO) calcularase como:
NEO = 0,8·T + 0,2·P
No caso de que os mínimos non se superen, a nota do exame ordinario calcularase como:
NEO = min {4.0, NEO}
Finalmente, a correspondente Nota de Primeira Convocatoria (NPC) calcularase a partir da Nota do Exame Ordinario (NEO) e a Nota do exame de Avaliación Continua (NEC) como:
NPC = max {NEC, NEO}
Plan de recuperación da cualificación final en Segunda Convocatoria
Os alumnos que non superen a materia durante a primeira convocatoria teñen dereito novamente a un segundo exame, denominado Extraordinario ou de Segunda Convocatoria, nas datas fixadas polo centro. Enténdese que a nota obtida no exame substitúe, en caso de ser superior, á obtida no exame ordinario ou de primeira convocatoria.
Este exame conterá unha parte práctica, ademais da parte teórica. O sistema de avaliación rexerase polos mesmos baremos e ponderacions que os establecidos para o exame ordinario, polo que o alumno superará a materia cando, a Nota do Exame Extraordinario (NEE) sexa maior ou igual a 5.0 puntos sobre 10, sendo ademais necesario superar os mínimos establecidos na táboa anterior.
Unha vez superados os mínimos de cada unha das partes, a Nota do Exame Extraordinario (NEE) calcularase como:
NEE = 0,8·T 0,2·P
No caso de que os mínimos non se superen, a nota do exame extraordinario calcularase como:
NEE = min {4.0, NEE}
Plan de mellora da cualificación final
Todos e cada un dos alumnos poden acceder a un plan para mellorar a súa cualificación final.
O plan de mellora consiste no dereito a realizar un novo exame, coincidente co exame ordinario ou de primeira convocatoria, nas datas fixadas polo centro, cuxa cualificación substituirá á obtida previamente, a condición de que esta sexa maior que a xa obtida, e computará para todos os efectos como única referencia no cálculo da nota final.
Enténdese que a nota obtida no exame, en caso de ser superior á obtida mediante a avaliación continua da materia ao longo do cuadrimestre, substitúe á agregación das notas das probas parciais de avaliación continua, as notas de prácticas, as notas dos cuestionarios curtos e o exame final da materia.
Compromiso ético
Agárdase
que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose
a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do
Regulamento
sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da
Orde
DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de
avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de
formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas,
a
utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así
como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na
acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que
sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo
das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan
producirse.