Proxecto |
Documento entregable e defensa mediante presentación oral. |
30 |
|
B1 B2
|
C18
|
D2 D3 D5 D7 D8 D9 D10 D12 D14 D15 D17 D20
|
A avaliación final de alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa Nota de Avaliación Continua final (NEC): NEC = 0,6 * NOTA TEORÍA + 0,3 * NOTA PROXECTO + 0,1 * NOTA CUESTIONARIO Ademais de alcanzar unha cualificación final de polo menos 5 puntos sobre 10 (NEC ≥ 5), para superar a materia por avaliación continua esixiranse uns requisitos mínimos, que garantan o equilibrio entre todos os tipos de competencias. Tales requisitos son os que seguen: - Obter unha nota de polo menos 4 puntos sobre 10 na proba final de avaliación continua ( PF).
En caso de non superar a materia por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame ordinario de primeira convocatoria. Así mesmo, no suposto particular de non cumprirse os requisitos mínimos establecidos, a cualificación da avaliación continua calcularase como: NEC FINAL = min (4, NEC). Doutra banda, o alumnado que supere a materia por avaliación continua poderá acudir ao exame ordinario de primeira convocatoria para mellorar a súa cualificación. Tanto no exame ordinario de primeira convocatoria como no extraordinario (segunda convocatoria), avaliaranse todas as competencias da materia, incluíndo as referentes ás sesións teóricas, prácticas, seminarios e á realización do proxecto en grupo. COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |