Lección maxistral |
Sesión maxistral. Cada unidade temática será presentada polo profesor, complementada cos comentarios dos estudantes con base na bibliografía asignada ou outra pertinente. Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse presentacións informáticas e o encerado, sobre todo para transmitir información como definicións, gráficos e etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario. |
Prácticas de laboratorio |
Proporase un proxecto de realización en grupo que abarcará os coñecementos e a duración total do curso. Para a realización do mesmo empregarase a metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos. Proporcionarase tanto o material como os medios necesarios para a realización do traballo. Finalmente levará a cabo unha exposición pública do proxecto. |
Prácticas con apoio das TIC |
Exporanse diversas actividades, mediante o software adecuado para a xestión de proxectos, relativas ao proceso de planificación dun proxecto de enxeñería ao longo das súas distintas etapas. |