Os criterios de avaliación de cada apartado publicaranse ao comezo do cuadrimestre. Para iso, proporciónase ao alumnado a información pertinente a través da plataforma virtual Moovi. A avaliación sumativa final de alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa nota de avaliación continua (NEC): NEC = 0.4*PF + 0.15*PI1 + 0.15*PI2 + 0.2*MP + 0.1*AE Con todo, esixiranse uns requisitos mínimos, nalgún dos apartados, que garantan o equilibrio entre todos os tipos de competencias. Se a NEC é inferior a 5, o alumno deberá presentarse ó examen ordinario de todos los contidos da materia, que suporá o 100% da nota. Ademáis o alumno deberá presentarse o examen ordinario nos seguintes supostos: 1. A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores. 2. Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua. En calquera destes dous supostos, a cualificación da avaliación continua será o mínimo da nota de avaliación continua calculada coa fórmula anterior e 4 puntos. En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, ofréceselle a oportunidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |