Lección maxistral |
A participación e intervención nas clases teóricas, a preparación das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de cuestionarios na plataforma de teledocencia, a
asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais. |
5 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C9 C13
|
D1 D2 D4 D5 D6
|
Estudo de casos |
A participación e intervención nas clases prácticas, a preparación dos supostos prácticos, cando así
proceda, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a
asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais. |
10 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C9 C13
|
D1 D2 D4 D5 D6
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/exame
final. Trátase dunha proba/exame práctico consistente na resolución,
por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado
aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuadrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 35% da nota final. |
35 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C9 C13
|
D1 D2 D4 D5 D6
|
a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. b) Avaliación final. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua, será avaliado nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final, na que a parte teórica terá un valor do 70 por 100 e a práctica dun 30 por 100.
CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE XULLO:
A nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado/a nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota final (70 por 100 a teoria e 30 por 100 a práctica) .
As datas de exames son aprobadas pola Xunta da Facultade e publicadas na web da Facultade.
|