Na sesión maxistral, a profesora expondrá os contidos da materia de xestión de persoas que foron incluídos no temario desta materia.
Estudo de casos
Desenvolveranse exercicios ou estudos de casos baixo as directrices e supervisión da profesora
Aprendizaxe-servizo
Esta materia está dentro do plan de promoción da Aprendizaxe Servizo na Universidade de Vigo promocionado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
A actividade de Aprendizaxe servizo (ApS) é voluntaria.
Debate
Elaboración e exposición de ideas e argumentos sobre un tema ou asunto relativo á materia. Actividade voluntaria.