Os/as estudantes que opten por avaliación continuada serán avaliados tal e como se describe arriba e coas porcentaxes indicadas: - exame tipo test na 6ª semana de docencia, sempre que os contidos se tivesen impartidos. - 2 exames de preguntas de desenvolvemento, un na 8ª semana de docencia e, o outro, na 13ª, sempre que os contidos se tivesen impartidos. - exame práctico, na data oficial correspondente á materia (maio-xuño). - un traballo a entregar as distintas partes nas semanas 13ª, 14ª e 15ª de docencia. Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter un 5 de 10 ou máis en cada unha das partes que conforman a avaliación, o que supón, cando menos, ter 0,5 puntos no exame tipo test, 0,75 e 1 punto nos exames teóricos con preguntas de desenvolvemento, 0,75 no traballo e 2 puntos no exame práctico. No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5. Por outra banda, aqueles/as estudantes que decidan optar por unha avaliación global, esta inicialmente farase nas datas oficiais da materia (maio-xuño) e constará de: - un exame teórico de preguntas de desenvolvemento de 10 preguntas curtas e unha duración máxima de 90 minutos. Neste exame, tódalas preguntas terán o mesmo valor (valoraranse de 0 a 10 puntos cada unha delas). O valor deste exame será dun 45% do total da cualificación da materia. - un exame práctico de 4 supostos realizado coas mesmas condicións que as descritas na avaliación continua do exame práctico descrita nela. O valor deste exame será dun 45% do total da cualificación da materia. - un traballo individual consistente en elaborar un protocolo de aplicación e unha infografía para un novo caso clínico a proposta polo/a docente da materia. Ao igual que no caso da avaliación continua, para poder superar a materia o/a estudante terá que aprobar cada un destas probas de avaliación (obter un 5 de 10 ou máis en cada un deles, o que supón, cando menos, ter 2,25 puntos nos exames teórico e práctico, e 0,5 puntos no traballo), no caso de que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico, e, no caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5. A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro. |