O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global
1- AVALIACIÓN CONTINUA Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Presentación, Estudos de casos, Traballos tutelados e exame de preguntas de desenvolvemento). A nota final será a suma de estos catro apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. O exame final da materia non é obrigatorio. Quen obteña polo menos un 5 na suma das Presentacións (1,5 puntos máx), Estudos de casos (2 puntos máx) e nos Traballos tutelados (3 puntos máximos) poderá elixir se presentarse ao exame teórico para subir nota ou non. É dicir: coas prácticas poderase obter un 7/10 máximo. Quen quera subir nota poderá presentarse ao exame teórico para optar ao restante 3/10, para chegar así ao 10/10 total da nota final. Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios e conservaranse as cualificacións dos apartados aprobados. Todos os detalles da estrutura do exame, as instruccións e entregas de traballos e prácticas, o calendario e a planificación da materia, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. A asistencia presencial ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido é obrigatoria. As prácticas realizaránse principalmente en clase, polo que a asistencia será controlada. As faltas de asistencia non xustificadas que superen o 20% suporán a non superación do materia. 2 - AVALIACIÓN GLOBAL
De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha proba de ata cinco horas de duración que permitirá ao alumnado cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, coa antelación e cos trámites e nas datas que determine o Decanato da Facultade, entregando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. A elección da avaliación global suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas ate ese momento pola modalidade de avaliación continua. O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes superado o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo. Será responsabilidade do alumno estar atento á información e materiais da materia, yerecopilar a información específica e complementaria que sexa precisa
para superala, xa que non se facilitará por ningún outro medio. As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Constará dos seguintes apartados: 1o - Exame teórico (30% da nota, 2 horas). Será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que se explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía. Pero na evaluación global é preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta apartado. Unha cualificación inferior non sumará coas outras probas e suporá non superar a materia. 2o - Traballo ou traballos tutelados (35% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno terá que realizar previamente e entregar o día da proba final de avaliación un ou varios traballos finais que poden ter tanto carácter teórico como práctico. O traballo ou traballos teñen un valor do 35% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta apartado. Unha cualificación inferior non sumará coas outras probas e suporá non superar a materia. 3o - Estudo ou estudos de casos (20% da nota). Realización dunha proba ou probas de carácter práctico, de análise ou investigación empregando os medios e espacios da Facultade. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas. O estudo ou estudos de caso teñen un valor do 20% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta apartado. Unha cualificación inferior non sumará coas outras probas e suporá non superar a materia. 4o - Presentación ou presentacións (15% da nota). O alumno deberá expoñer dentro das tres horas adicionais (sen chegar a superar as cinco horas totais) un ou varios dos traballos tutelados ou estudos de caso entregados nos dos apartados anteriores. Será o docente quen determine qué traballos serán presentados ese día polo alumno. A nota final será a suma dos catro apartados, sempre e cando os tres primeiros apartados estean aprobados (5/10). De ser así, a nota final será o resultado das catro correspondentes porcentaxes. Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios e conservaranse as cualificacións dos apartados aprobados. Todos os detalles da estrutura do exame, as instruccións e entregas de traballos e prácticas, o calendario e a planificación da materia, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |