Avaliarase a asistencia ás clases prácticas e a resolución dos exercicios propostos nelas.
10
B3 B5 B7
C8
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exercicios simples de aplicación das propostas teóricas
30
B3 B4 B7
C8
Traballo
Traballos mais complexos de uso das técnicas de audio
30
B3 B4 B7
C8
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exámen, de resposta curta ou tipo test, para comprobar os coñecementos que adquiriu o alumno sobre os conceptos teóricos da materia
30
B4
D1
Outros comentarios sobre a Avaliación
En cada apartado poderá haber mais dunha proba, que se irán secuenciando ao longo do curso.
Será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas para poder facer a media entre os distintos elementos de avaliación. No caso de supender algún das partes e ter que acudir á convocatoria de xullo manteraase a nota das partes superadas ou aprobadas.
Será necesario realizar todos os traballos e proxectos para superar a asignatura.
Os traballos terán unha data improrrogable de entrega. Fóra desta,
consideraranse non entregados nesta convocatoria e quedarán para a
seguinte.
SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL
O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.
AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA
A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas.
Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 5 horas para a realización das mesmas a
partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.
Breve descrición das probas
Proba 1. Exame teórico. Realizarase une xame teórico. O exame ten un valor do 30% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.
Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. O conxunto dos traballos (2) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.
Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes de avaliación continua deberán asistir co docente a sala de prácticas habitual, onde deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de avaliación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de tres horas dende o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes
dende a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 40% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación
inferior non servirá como media coas outras probas.
Resume das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas
Proba 1. Exame. Valoración do 30% sobre o total da nota.
Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota.
Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 40% sobre o total da nota.
Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas.
A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.