O docente presentará aos alumnos nas sesións presenciais os aspectos teóricos máis significativos da materia, proporcionaralles a información e a bibliografía necesaria para desenvolver os temas do programa, e así ter os coñecementos básicos para traballar e poder realizar os exercicios prácticos semanais. Nestas sesións proporcionarase ao alumno o mínimo necesario para desenvolver o seu traballo autónomo
Prácticas de laboratorio
Nas horas de docencia práctica os alumnos terán que realizar os exercicios propostos polo docente
relacionados co desenvolvemento do contido teórico da materia.