A asistencia a clase é importante para o correcto
desenvolvemento do curso. O alumnado que siga a avaliación
continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser
avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria. Para superar a materia será necesario obter unha
media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques
para que se proceda a calcular a nota media. De non ter superada a materia en primeira
convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria. O alumnado que opte pola modalidad avaliación global, deberá superar unha proba escrita de contidos
mínimos teóricos que lle dará dereito á valoración do resto de entregas. Para
coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar ao
inicio do cuadrimestre, co profesorado responsable da materia mediante as
titorías. As titorías poden solicitarse no correo cristinavarelacasal@uvigo.es
(Cristina Varela Casal) ou marpaz@uvigo.es (Begoña Paz García) SEGUNDA CONVOCATORIA Os/as alumnos/as que non tiveran asistido ou non
cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar unha
proba escrita de contidos mínimos teóricos que lles dará dereito á valoración
do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das
entregas terán que contactar ao inicio do cuadrimestre, co profesorado
responsable da materia mediante as titorías. No caso de alumnos/as, que aínda asistindo
regularmente a clase e presentando as entregas parciais puntualmente non logren
superar a materia, deberán presentar na segunda convocatoria so aquelas
entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. As notas das partes
aprobadas conservaráselles durante unha convocatoria. As titorías poden solicitarse no correo cristinavarelacasal@uvigo.es
(Cristina Varela Casal) ou marpaz@uvigo.es (Begoña Paz García) As datas de exames pódense consultar na web da
facultade no apartado de organización académica
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |