Nesta materia consolidarase o nivel B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que tamén se traballarán certas competencias dos niveis iniciais e de B2, en ningún caso partirase dun coñecemento cero da lingua inglesa. Para poder cursar esta materia con comodidade e aproveitamento, recoméndase que o alumnado, ao empezar, teña un nivel de competencia comunicativa próximo a B1, isto é, uns coñecementos previos de inglés equivalentes a A2/B1 dentro do Marco Europeo de Referencia para as Linguas.
Así mesmo, pódense reforzar os coñecementos do idioma e elevar o nivel a través de cursos na Escola Oficial de Idiomas, a UNED, o Centro de Linguas da Universidade de Vigo ou outros estamentos. Así mesmo, fomentarase a aprendizaxe autónoma a través de ligazóns e páxinas web especializadas na aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira. |