Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte
 Subjects
  Physical education and sport pedagogy
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Lecturing As leccións que conforman o temario desta materia serán elaboradas e presentadas de forma expositiva ao grupo clase. A docente centrará a súa intervención, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos outros temas da guía docente.
Presentation A exposición por parte do alumnado consiste na presentación dun traballo incluido nos contidos. O recurso principal será a linguaxe oral, aínda que tamén pode estar acompañado de texto escrito. Esta presentación expositiva permitirá extraer os puntos máis importantes dunha ampla gama de información.
Mentored work Os traballos monográficos de aula terán como cometido a iniciación á investigación. Serán realizados de xeito individual ou en pequeno grupo, mediante o uso das TICs, documentos proporcionados pola docente, entrevistas ou reunións con profesionais ... A súa finalidade consiste na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia.
Seminars Elaboración dun traballo, voluntario, relacionado coas actividades prácticas desta materia, en grupos e seguindo as directrices expostas na plataforma dixital Moovi.
Problem solving O citado traballo final da materia será especificado pola docente ao inicio do curso, unha vez feitas as propostas de varias temáticas relacionadas coa actividade física e deportiva e despois das oportunas orientacións, fontes documentais, bibliográficas e de webgrafía.
Studies excursion Realizarase unha saída de estudos relacionada coa temática da materia, que clarificará aspectos teóricos tratados na aula.
Dita saída está supeditada á aprobación, por parte da Xunta de Centro e a dotación económica correspondente.
Introductory activities Actividades encamiñadas a tomar contacto e transmitir información ó alumnado sobre os contidos e o desenvolvemento da materia.
Collaborative Learning Traballo en pequenos grupos, mixtos e heteroxéneos, que permitan ó alumnado traballar de forma conxunta e coordinada para a consecución das tarefas académicas asignadas e afondar na aprendizaxe.
Research based methodologies A través do traballo de investigación sobre unha entidade relacionada co campo de acción das persoas graduadas en CAFYD, valorar o grao de adaptación á realidade da contorna.
Design Thinking Busca de solucións a problemas e retos propostos na aula, empregando a creatividade, a multidisciplinariedade e o traballo en equipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000