A materia «Actividade física e deporte recreativo» impártese no segundo cuadrimestre do terceiro curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Nesta materia dáse unha visión xeral dos deportes e xogos recreativos. Desde unha perspectiva teórica abórdanse as diferentes concepcións actuais máis significativas referentes ao ámbito dos deportes e xogos recreativos, e desde unha perspectiva práctica realízase un percorrido a través dos deportes e xogos recreativos máis representativos.
Así mesmo, esta materia é fundamental dentro do plan de estudos da titulación impartida na Universidade de Vigo, posto que é a única, dentro deste, onde o alumnado ten a oportunidade de obter os coñecementos necesarios sobre o ámbito dos deportes e xogos recreativos, imprescindibles na formación dun Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Esta guía docente elaborouse axustándose totalmente ao establecido na memoria da titulación e á normativa específica da universidade e do centro.