A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente en na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación continua polo que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. No caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba extraordinaria consistirá na repetición dos exercicios ou, noutros casos, nun maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron alcanzadas no seu nivel mínimo esixidos. O alumnado que non realice durante o cuadrimestre os 2/3 dos exercicios propostos, na convocatoria extraordinaria deberá levar acabo un traballo práctico específico, na aula de clase, relativo aos contidos da materia, ademais de entregar os traballos suspensos ou non presentados levados acabo durante o curso. Datas de convocatorias extraordinarias: http://belasartes.uvigo.gal/gl/docencia/exames/ |