Resolución de problemas e/ou exercicios |
A sesión maxistral será avaliada tamén mediante unha proba na que o alumnado terá que comentar por escrito unha serie de obras de arte dos períodos estudados aplicando en cada unha delas os coñecementos adquiridos. Para superar a materia, é necesario conseguir nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre os 10 do total)
Con isto, o alumnado dara conta dos seguintes resultados da aprendizaxe:
Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de maneira crítica a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte.
Coñecemento das diferentes funcións que a arte adquiriu a través do desenvolvemento histórico. Estudar a evolución do papel da arte a través do tempo. |
30 |
|
|
C1 C5 C8
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta longa de carácter transversal na que terá que relacionar diferentes contidos e ideas do temario. Para superar a materia, é necesario conseguir nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre os 10 do total).
Con isto o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca
entre a arte e a sociedade.
Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte.
Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socio-culturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística. |
40 |
|
|
C4 C6 C37
|
|
Cartafol/dossier |
Informe das saídas de estudo programadas como complemento da materia. Con isto o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Sensibilidade cara ao patrimonio cultural.
Capacidade de xestión da información |
20 |
|
B1 B15
|
|
|
O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. |