Avaliación no caso de ausencia aos seminarios da materia. A/O estudante que non asista no mínimo ao 90% das horas asignadas aos seminarios da materia, terá de facer unha proba práctica en
relación aos contidos impartidos nos mesmos. Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico, para a
1ª edición ordinaria. A
puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10. A
esta avaliación correspóndelle o 20% da puntuación total da
materia. De igual xeito ao establecido no caso da asistencia mínima obrigatoria aos seminarios, a/o estudante deberá realizar o exame de preguntas obxectivas (60%) e presentar e defender o traballo en materia de violencia de xénero (20%); é preciso superar estas tres probas de avaliación para poder superar a materia.
2ª
edición ordinaria (xullo).
A
esta convocatoria deberá presentarse a/o estudante que non teña
superada algunha/s das partes desta materia:
.-
No caso de non ter feito ou superado o exame de preguntas obxectivas, a/o estudante deberá facelo cumprindo con os criterios establecidos na 1ª edición ordinaria. Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico na
2ª edición ordinaria. .-
No caso de non ter superada a avaliación continua dos seminarios ou non ter feita ou superada a proba práctica de recuperación no caso de ausencia aos mesmos, a/o estudante deberá facer unha
proba práctica en relación aos contidos impartidos nos
seminarios da materia e cumprir con os criterios de
avaliación establecidos na 1ª edición ordinaria. Esta proba práctica farase na data
marcada no calendario oficial académico, na 2ª edición
ordinaria.
.-
No caso de non ter feito ou superado o traballo en materia de
"violencia e xénero", a/o estudante deberá facelo
segundo os criterios establecidos na 1ª
edición ordinaria, tendo como prazo máximo para a entrega do mesmo, unha semana antes da data marcada no calendario oficial
académico, para realizar as probas de avaliación desta materia na
2ª edición ordinaria.
Para
superar a materia nesta 2ª edición ordinaria será preciso, superar
o exame de preguntas obxectivas (60%), a avaliación continuada dos seminarios ou no caso de ausencia aos mesmos, a proba práctica
de recuperación correspondente (20%) e o traballo en materia de
"violencia de xénero" (20%).
Convocatoria
de Fin de carreira.
A/O
estudante poderá presentarse a convocatoria de fin de
carreira (previa matrícula específica para esta
convocatoria), na que prevalecerán os mesmos criterios de realización e avaliación indicados nas diferentes partes da materia, marcados para a
1ª e a 2ª edición ordinaria. As
probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no
calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de
carreira”.
Outros
comentarios. - As
datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta
materia en todas as súas edicións, estarán publicadas na páxina
web da Escola: http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/gl-es/ - A
data de revisión das probas de avaliación correspondentes, será comunicada oportunamente por
parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de
cualificacións provisionais en cada unha das convocatorias.
|